Publicador de contidos

Publicador de contidos

Haim Revivo, un espectador de luxo do Celta en Elx co corazón dividido

Haim Revivo, un espectador de luxo do Celta en Elx co corazón dividido

O israelí, que foi dianteiro do club vigués entre os anos 1996 e 2000, é o pai de Roy Revivo, lateral esquerdo do cadro ilicitano

G24.gal 08/10/2026 09:43

O partido entre o Elx o Celta traerá un encontro do club vigués co seu pasado. Nas bancadas estará Haim Revivo. Toda a familia Revivo viaxará ao Martínez Valero para ver o encontro. No Elxe xoga Roi, o fillo de Haim, para o que este será un partido moi especial. Estará co corazón dividido entre o equipo do seu fillo e no que xogou o dianteiro israelí durante catro campañas. 

Haim Revivo chegou ao Celta no verán de 1996. Era un futbolista descoñecido pero que pronto se gañou o afecto da afección do Celta. Durante catro campañas xogou máis de 150 partidos e marcou 30 goles. Un extremo desequilibrante, asistente e goleador.

A súa campaña máis proveitosa foi a 98-99 na que anotou 10 tantos, nove en Liga e un na Copa da UEFA en que marcou o seu gol máis lembrado coa camisola celeste. O que lle fixo ao Liverpool en Anfield e que supuxo a clasificación do Celta para os cuartos de final daquela edición europea. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade