Hai un ano, antes de saltar o caso, Leire Díez era unha absoluta descoñecida
Ante a presión dos medios, que xa se referían a ela coma a 'fontaneira' do PSOE, convocou unha conferencia de prensa
Recoñeceu a autenticidade dos audios, pero dixo que se enmarcaban nunha investigación xornalística
Hoxe é un dos nomes propios da actualidade política, pero hai apenas un ano, cando Leire Díez saltou á opinión pública, case ninguén recoñecía ningún vínculo con ela.
Era maio de 2025 cando escoitamos falar dela por primeira vez. Publícanse uns audios en que aparece nunha presunta operación para desacreditar o xefe do departamento da UCO que investigaba cuestións sensibles relacionadas co PSOE.
Ante a presión dos medios, que xa se referían a ela coma a 'fontaneira' do PSOE, convocou unha conferencia de prensa. Recoñeceu a autenticidade dos audios pero dixo que se enmarcaban nunha investigación xornalística.
"Nin 'fontaneira' nin covarde...". " O meu traballo é o meu traballo. E, en ningún caso, o levei a cabo en nome nin representación de ninguén".
Unha intervención en que apareceu sorpresivamente Víctor de Aldama para esixirlle que contase a verdade.
O PSOE sempre negou calquera vinculación coa trama Leire. Ao pouco de saltar o caso, Leire Díez solicitou a baixa voluntaria como militante do PSOE.