Publicador de contidos

Publicador de contidos

Interior recoñece tres contactos entre Leire Díez e a directora xeral da Garda Civil

Interior recoñece tres contactos entre Leire Díez e a directora xeral da Garda Civil

Pedro Sánchez mostra o seu apoio a Mercedes González

G24.gal 05/06/2026 14:02

Tras negalo en varias ocasións, Interior admite agora as reunións entre Leire Díez e a directora xeral da Garda Civil, Mercedes González. E á vez que Grande Marlaska descarta cesala, Pedro Sánchez apoia a maxima responsable da Benemérita.

O primeiro contacto entre Leire Díez é Mercedes González foi vía WhatsApp cando esta era delegada do Goberno en Madrid. Xa á fronte da Garda Civil tiveron un encontro nunha cafeteria preto da dirección xeral.

Pasados uns meses volven reunirse: e Leire Díez pregúntalle a Mercedes González se hai algunha posibilidade de que Rubén Villalba, comandante da Garda Civil, implicado no caso Koldo, se poidar reincorporar ao Corpo.

Mercedes González, Santos Cerdán..., a lista de contactos de Leire Díez é ampla entre os altos cargos do PSOE. Tamén coa presidenta do partido, Cristina Narbona. Ambas as dúas intercambiaron mensaxes o día que Sánchez publicou a carta aos cidadáns. Diez dille a Narbona que hai que reconducir os ataques ao presidente. Narbona contéstalle que xa llo contará a Cerdán.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade