Publicador de contidos

Publicador de contidos

A xuíza chama a declarar outras cinco mulleres na investigación a Tomé por acoso sexual

A xuíza chama a declarar outras cinco mulleres na investigación a Tomé por acoso sexual

A defensa do alcalde de Monforte pide o arquivo da causa

O caso aínda está en fase de instrución para determinar se chega ou non a xuízo

Europa Press
G24.gal 05/06/2026 15:07

A muller que denunciou o expresidente da Deputación de Lugo declarou o 20 de maio nos xulgados, xunto á súa nai e unha amiga. E ratificou as acusacións, centradas en supostas ofertas laborais a cambio de sexo.

E no seu relato apareceron os nomes doutras cinco mulleres que supostamente tamén sufrirían acoso por parte de Tomé. Por iso agora a xuíza tamén as chama a declarar como testemuñas. El sempre negou as acusacións e dixo que renunciaba a todos os cargos, menos á alcaldía de Monforte, para poder defenderse.

O seu avogado recorreu a querela e pediu o arquivo da causa. En primeira instancia desestimaron a petición e seguen coas novas dilixencias. Pero agora ten que pronunciarse a Audiencia Provincial. O caso aínda está en fase de instrución para determinar se chega ou non a xuízo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade