Amor Pan: "As claves da mensaxe do papa serán apelación ao consenso e acollida aos migrantes"
O teólogo formou parte da Comisión que organizou a visita de Xoán Paulo II a Santiago
Explica que nunha visita papal cada detalle e cada palabra son produto dunha coidada reflexión
Xa viñera no 82, pero a viaxe de Xoán Paulo II a Santiago no 89 foi o maior desafío.
"No caso da Xornada Mundial da Xuventude, era a primeira que se facía fóra de Roma. É un acontecemento festivo, en clave relixiosa un acontecemento de gracia, pero unha visita papal é tamén un follón de organización monumental", explica Xosé Ramón Amor Pan, teólogo e delegado diocesano da Arquidiocese de Santiago.
Amor Pan foi que lle puxo ao papa Xoan Paulo II a capa de peregrino. Formou parte da comisión organizadora daquela visita e seguiu de preto tamén a de Bieito XVI en 2010. Explica que cada detalle conta: cada xesto, cada saúdo, cada palabra, parte dunha reflexión ten un propósito.
Amor Pan ponlle a capa de peregrino a Xoán Paulo II
"Nas mensaxes que o papa León XIV vai lanzar en España, penso que a clave é que estamos cambio de época -marcado pola IA, o quecemento global e a ruptura do multilateralismo-. E os dirixentes políticos teñen que dialogar e buscar consensos: o ben común ten que ser a súa brúxula. E é o momento tamén da acollida e da hospitalidade coas persoas migrantes", di Xosé Ramón Amor Pan.
Por iso, a visita dun líder espiritual planetario ten tamén, explícanos, significado político para os países que o reciben.