Hai parellas que prefiren durmir en camas separadas para descansar mellor
É o que se coñece como divorcio do sono, que practican aqueles que priorizan repousar pola noite
A tendencia é cada vez máis común, sobre todo cando un dos membros sofre problemas de apnea que prexudica a outra persoa
Nunha parella, á hora de ir á cama hai quen prefire facelo en leitos separados e quen se decanta por durmir xuntos. É cuestión de valorar a intimidade ou o descanso reparador.
Segundo manifesta o responsable da Unidade do Sono do Hospital Universitario de Lugo, Luis Pérez de Llano, "se durmir en parella impide un bo descanso nocturno, quizais a solución sexa separar as camas".
Para unha muller consultada ao respecto é o contrario: prefire compartir a cama porque supón "un momento de intimidade".
O costume de durmir xuntos cede terreo á posibilidade de facelo en leitos distintos. É o que se coñece como divorcio do sono.
Comenta outra muller que "cando unha persoa comparte cama con outra que non a deixa durmir hai un problema grave, e é mellor o divorcio dos colchóns antes que o divorcio da parella".
Todo depende das preferencias e prioridades de cada un, porque non hai referencias médicas.