Publicador de contidos

Publicador de contidos

Guille Bouzas, experto en márketing de contidos, con 23 anos é o galego máis novo en saír en Forbes

Guille Bouzas, experto en márketing de contidos, con 23 anos é o galego máis novo en saír en Forbes

O márketing de contidos, do que vive Guille, consiste en axudar as marcas a que teñan unha presenza extarordianaria nas redes

Guille Bouzas emprega quince persoas no seu equipo

G24.gal 22/02/2025 14:23

O pontevedrés Guille Bouzas, con só 23 anos, xa ten un oco nunha das listas anuais da revista norteamericana de finanzas Forbes, o que o converte no galego máis novo da táboa. É un referente no márketing de contidos en Internet. Os seus clientes, algúns celebridades, conseguen coa súa axuda ter unha presencia extraordiaria nas redes sociais e en consecuencia venderse mellor. 

Para a revista de finanzas e economía Forbes, famosa polas súas listas de millonarios do mundo, o pontevedrés Guille Bouzas é o número un no márketing de contidos. 

"Obviamente é un recoñecemento que por algo é, e dáche tranquilidade porque é un logro, unha validación que todo empresario cando comeza soña. Por sorte teño o privilexio de ser tan novo e ter tanto éxito a nivel profesional, que é a parte da miña vida que máis expoño, e entendo que fixen as cousas ben", explica a TVG Guille Bouzas, o CEO e fundador da empresa de márketing de contidos Guille Bouzas.

O márketing de contidos, do que vive Guille e co que emprega quince persoas no seus equipo, consiste en axudar as marcas, entre os seus clientes está Rock FM, a cantante Aitana ou Luján Argüelles, a que teñan unha presenza extarordianaria nas redes onde os posibles consumidores do produto botan moitas horas. Iso si, Guille so aposta por marcas e nomes nos que cre profundamente. 

"Eu non falo de crear un personaxe, senón de elevar a personalidade da marca, non falo de crear algo falso senón darlle autenticidade e darlle altofalante a algo que xa sendo interesante queremos o sexa aínda máis para o público. E sempre buscamos proxectos que sexan relevantes para a sociedade", engade Guille Bouzas, o CEO da empresa de márketing de contidos dixitais Guille Bouzas.

Guille apúntanos antes de marchar que o seu éxito bebeu da súa familia emprendedora, traballadora no márketing de antes e humilde.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade