Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		Graña, Fontán e Sieiro penduran a medalla de ouro no C4 500
Tres dos catro compoñentes do equipo son galegos
Grande actuación na canoa cos irmáns Domínguez, ás portas do metal no C2 1000
                            G24.gal
                        
                            07/08/2022 20:55
                        
                        
                        
                        
                    
                    Na final do C4 500 os galegos Graña, Sieiro e Fontán, xunto con Moreno, gañaron a medalla de ouro tras dominar a proba de principio a fin. A embarcación proclamouse campioa do mundo ao superar a Polonia e Ucraína.
Na final do C2 1000 metros os irmáns Noel e Diego Domínguez realizaron unha brillante actuación e quedaron ás portas da medalla. O cuarto posto para unha das parellas máis novas do circuíto é unha gran presentación. Por diante Alemaña e China pelexaron polo ouro, que levou o conxunto europeo. O Canadá acadou o bronce con menos de dous segundos de vantaxe sobre os irmáns Domínguez.
 
         
                
                
				   
             
    
         
                .jpg) 
    
         
    
         
    
         
            
         
            
         
            
        