Publicador de contidos

Publicador de contidos

Grande ambiente en Zagreb ante a chegada do Celta

Grande ambiente en Zagreb ante a chegada do Celta

Mañá o Celta xogará ante o Dinamo de Zagreb na Europa League ás 18:45 h

Non está na convocatoria Radu, por unha escordadura no polgar

G24.gal 05/11/2025 15:46

O Celta de Vigo aterra hoxe en Zagreb, a capital de Croacia, para xogar o cuarto partido da temporada de Europa League ante o Dinamo, o equipo máis laureado do país balcánico. O partido será ás 18:45h e poderá seguirse a través da FM da Radio Galega e AGalegaAudio.gal

Claudio Giráldez poderá contar con todos os seus efectivos, a excepción de Ionut Radu, o porteiro que viña sendo titular na Liga e na Europa League, que sofre unha escordadura do polgar da man dereita. No seu lugar xogará Iván Villar e entra na convocatoria como novidade o canteirán Marcos González. 

O equipo tiña previsto adestrar xa nesta xornada no Estadio Maksimir de Zagreb, pero finalmente fíxoo na Cidade Deportiva Afouteza ao non poder despegar rumbo Croacia por unha avaría no avión. Alí está previsto que cheguen arredor das 19 h. 

Mentres, seareiros celestes xa agardan e quecen motores polas rúas da cidade, no que vai ser un dos partidos máis esixentes para o Celta nesta fase de liga da Europa League. O Celta suma polo de agora 6 puntos nesta competición, logo das vitorias ante o Niza e o Paok, as dúas en Balaídos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade