Publicador de contidos

Publicador de contidos

González: "Aínda que teñamos moita prevención, imos seguir tendo incendios e temos que estar preparados"

González: "Aínda que teñamos moita prevención, imos seguir tendo incendios e temos que estar preparados"

A Xunta terá este ano tres brigadas helitransportadas públicas, que van reforzar as 3.000 persoas que conforman o servizo de extinción e prevención de incendios 

Tamén crearon unha unidade de directores de extinción especializados en grandes incendios forestais

En dez anos a superficie forestal galega pode cambiar un 30 %, polas cortas e os incendios forestais

G24.gal 09/06/2023 11:11 Última actualización 09/06/2023 20:18

A tempada de alto risco de lumes non comeza ata o un de xullo pero dende a Consellería de Medio Rural xa levan meses traballando que o noso monte non arda.

A aposta pola prevención segue sendo unha das armas fundamentais. Limpeza das faixas próximas as vivendas, especialización nos grandes incendios, o emprego da tecnoloxía, a formación e tamén a concienciación da cidadanía, sobre todo nas zonas rurais onde sofren con máis intensidade as consecuencias dos lumes.

 "A chave é anticiparse aos incendios forestais e sobre todo traballar ao longo do ano. Levamos tempo co plan preventivo no que hai diferentes actuacións e cun orzamento de preto de 40 millóns de euros para este ano. Centrámonos nesta época do ano na limpeza das faixas, de 50 metros arredor das vilas, porque temos comprobado que non haxa piñeiros ou eucaliptos e que esté limpo protexe moito máis as nosas aldeas", asegurou José González, conselleiro do Medio Rural, nunha entrevisa no programa 'Bos días'.

Queda un 30 % das leiras arredor das vilas sen limpar

Hai sete concellos cun proxecto piloto para ver cal é a eficacia da limpeza das faixas que están arredor das vivendas en Carnota, As Nogais, Cualedro, A Gudiña, Monterrei, Gondomar e Lobios. 

"Hai que destacar a colaboración que estamos tendo por un convenio que se asinou no 2018 coa Federación Galega de Municipios e Provincias, a FEGAMP. Están incorporados a ese convenio 279 concellos galegos que traballan conxuntamente coa Xunta. A través do convenio, que ten máis de 12 millóns de euros, o que conseguimos é que haxa unha concienciación da cidadanía, porque a limpeza das faixas é responsabilidade dos donos desas leiras. Pasamos do ano 2019 dun 50 % de leiras limpas nas faixas a prácticamente o 70 %, con datos do ano pasado, un dato que seguro que este ano vai medrar. Agradecemos esa colaboración, pero aínda queda un 30 % de leiras que están sen limpar. Cando comprobamos esa situación, notifícase aos donos e se non fan a limpeza, a Xunta fará a execución subsidiaria", dixo González.

Mil persoas reforzarán a vixilancia da limpeza arredor das aldeas

Para a consellería tamén son importantes os convenios asinados con distintos concellos galegos para constituír as brigadas municipais, que este ano por primeira vez se van poder dedicar a estas tarefas.

"O que prentendemos é ter o maior número de xente posible no territorio comprobando como están as faixas. Este ano 180 concellos asinaro o convenio, démoslles a posibilidade de que os membros das brigadas poidan facer esa comprobación tamén, de como están as faixas. O obxectivo é ter a máxima información posible, sobre todo daquelas leiras que están sen facer a limpeza, para poder notificalos, e os donos procedan a cumprir coas súas obrigas, e se non facelo a Xunta de xeito subsidiario como se está a face este ano en sete concellos piloto".

"Entre a xente contratada por Seaga e as brigadas municipais haberá case un milleiro de persoas que estará facendo a comprobación das leiras, sobre todo antes do período de alto risco de incendios, ou cando o requira a situación do tempo", asegurou o conselleiro.
 

Os donos poden consultar a afectación das súas leiras polas faixas de protección

Este ano púxose en marcha unha ferramenta nova, o visor público, para controlar a limpeza das faixas. 

"En primeiro lugar tiñamos que ter delimitadas as faixas. É complicado porque estamos a falar de preto de 200.000 hectáreas e máis de dous millóns de leiras. Co convenio da FEGAMP fixemos o plan de prevención municipal, e fixemos a delimitación das faixas. Unha vez delimitadas as faixas pasáronse os datos a unha ferramenta informatizada, e este ano fixemos público ese visor. Calquera persoa pode acceder e comprobar cales son as faixas deses 279 concellos que están no convenio. Agora estamos poñendo en marcha a posibilidade que se poida consultar coa referencia catastral. Hai que ter en conta que hai leiras que non están na súa totalidade na faixa. O obxectivo é que cada dono saiba con total seguridade como están delimitadas as súas leiras para que poida cumprir coas súas obrigas", segundo González.
 

Tres brigadas helitransportadas e directores de extinción de grandes incendios

Houbo melloras introducidas na normativa de prevención de incendios forestais, para reforzala, sexa máis ampla e estea máis definida.

"Buscamos protexer as nosas aldeas. Todo o traballo que estamos a face é para facilitar esa limpeza esa prevención. Unha novidade é que aquela persoa que fora notificada en anos anteriores, podemos proceder a execució subsidiaria sen unha nova notificación. A veces entre que chegaba a notificación no chegábamos a tempo para poder facer a limpeza. Descataría a creación de tres brigadas heli-transportadas públicas, que van a reforzar as 3.000 persoas que conforman o servizo de extinción e prevención de incendios de Galicia. e a creación dunha unidade de directores de extinción especializados en grandes incendios forestais. Somos conscientes da virulencia dos lumes e queremos ter as nosas traballadoras e traballadores o máis especializados que poidamos. Levamos anos un plan de formación intenso, cremos que pola vía da formación e da especialización estamos sendo máis efectivos na loita contra os incendios", dixo o conselleiro.
 

A paisaxe mosaico e a paisaxe cortalumes vencelladas a actividades agrogandeiras

Xa se comezou coa tramitación da lei de loita integral contra os incendios que supón un cambio, cunha nova xestión do territorio 

"A lei forma parte dun corpo lexislativo en que tamén está a lei de recuperación da terra agraria de Galicia, que aposta claramente pola xestión do territorio como mellor debasa natural contra os incendios forestais. Nós cremos na actividade agricola, gandeira e forestal ordenada, entendemos que iso xestión do territorio. E si ademais se empregan criterios técnicos de prevención, é dicir, buscando incorporar esas actividades nos territorios onde hai máis risco de incedios facemos ese territorio máis resistente fronte ao lume", segundo González

A paisaxe mosaico e paisaxes cortalumes son dúas ferramentas que se apoian nas incorporación de leiras as zonas traballadas coa implantación de actividades agrogandeiras.

"A lei define a paisaxe mosaico, algo que a xente maior das nosas aldeas coñece perfecamente porque houbo sempre. Arredor das aldeas había hortas, froiteiras, estaba todo traballado e protexido. Queremo tamén introducir o concepto das paisaxes cortalumes, que é colocación de actividade agrogandeira, falamos de pasteiros, de vide, de soutos para castaña, hortas, con criterios técnicos de prevención. Nas zonas abandonadas procuramos implantar esas actividades en boa terra, e ao mesmo tempo que sexan zonas nas que sabemos que se vai vir un incendi grande temos máis posibilidades de defendelo se está traballado, se non está abandonado e cheo de xestas e toxo. Algún polígono da lei de recuperación que vai ser polígono de paisaxe cortalume, como pode ser en Cualedro, que por desgracia é un concello moi afectado polos incendios. Temos un polígono de 64 hectáreas para gandería en extensivo que está protexendo a cabeceira do concello, porque é unha zona por onde veñen os perigos cando hai un incendio", dixo o conselleiro do Medio Rural.
 

80.000 familias cortan madeira ao ano como renda complementaria

O estado do sector forestal e da madeira tamén é fundamental en Galicia, que ten agora unha nova ferramenta que é o inventario forestal contínuo.

"O sector forestal está nun momento estraordinario. Habería que pedir ao Goberno que sexa máis considerado con proxecto como o de Altri en Palas de Rei, que non é un proxecto só dunha empresa, senón que é un proxecto tractor importantísimo para un sector tan determinate no rural como é o sector forestal. Aquí temos que traballar todas as administracións xuntas para garantir esa capacidade que ten o sector forestal de ser unha renda complementaria de moita xente no territorio. Non olvidemos que cada ano cortan madeira en Galicia arredor de 80.000 familias. Ademais que hai moitos serradoiros e empresas que xeran moitos postos de traballo".

"A Xunta ten que estar á altura deste extraordinario sector. Dende hai tempo viñan pedindo un inventario forestal propio de Galicia. Por dar un dato, a superficie forestal de Galicia é a máis cambiante do territorio español, polo que non podemos estar cun inventario como o estatal que fai unha foto fixa cada 10 anos. En dez anos a superficie forestal galega pode cambiar un 30 %, polas cortas e os incendios forestais. O que fixemos en colaboración coas universidades galegas foi un inventario forestal contínuo, que cada ano vai ir recollendo os cambios que se produzan. Xa presentamos aquí os resultados no que resalta o crecemento moi importante de frondosas en Galicia, hai que facer unha análise, porque iso pode estar vencellado ao abandono, e temos que ser capaces de valorizar todo o que teña que ver coas frondosas, 620.000 hectáreas é un número moi importante. O que tamén revelou o inventario é que a superficie de eucalipto está contida, nos termos que dixemos cando se fixo a moratoria do eucalipto. Pero hai unha certa preocupacion sobre a superficie de piñeiro que entendemos debe ser maior. O que estamos vendo, segundo os datos da fundación Arume, e que estes últimos anos están a medrar as plantacións de piñeiro, penso que cos datos e a diagnose do inventario e co traballo que imos facendo estamos no bo camiño, e agora temos que abordar o plan estratéxico da industria forestal de Galicia, que é unha parte importante dentro dos nosos sectores económicos, e queremos ir da man do sector apostando por este ámbito tan importante para a nosa economía", contaba José González, conselleiro do Medio Rural, nunha entrevista no Bos días.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade