Gonçalo Paciência comezou a traballar co grupo
O Celta terá cinco sesións de adestramento nesta semana
O dianteiro do Celta, Gonçalo Paciência, avanza na súa recuperación e no inicio da semana de traballo do equipo, esta mañá na Cidade Deportiva Afouteza de Mos, puido incorporarse ao grupo.
O club compartiu un vídeo onde se lle pode ver con normalidade xunto ao resto dos seus compañeiros. Ou portugués está lesionado desde o pasado 30 de agosto.
𝗚𝗿𝗲𝗮𝘁 𝗡𝗲𝘄𝘀! 👏🏻
— RC Celta (@RCCelta) September 19, 2022
¡Ahí está @gpaciencia9, que empieza a entrenar con el grupo después de la lesión!
VAMOS 🔝 pic.twitter.com/FdT3KbXjJ9
Mentres, o Celta volve esta mañá (11.00 horas) ao traballo despois da xornada de descanso de onte unha vez disputado o sábado o partido da sexta xornada fronte ao Valencia. Dado que agora a liga para polos compromisos internacionais, o equipo descansará sábado e domingo nunha semana na que traballará de luns a venres, con xornadas matinais en todos os casos e sempre na Cidade Deportiva Afouteza mentres se acomete o cambio de céspede en Balaídos.
🗓️ Hoxe comezamos dúas semanas de traballo para preparar o próximo partido en #AbancaBalaídos fronte o @RealBetis
— RC Celta (@RCCelta) September 19, 2022
Imos equipo! #AfoutezaeCorazón💙 pic.twitter.com/Dz4bTetpCK