Publicador de contidos

Publicador de contidos

Golpe de graza do Barcelona Atlétic no campo do Lugo (0-4)

Golpe de graza do Barcelona Atlétic no campo do Lugo (0-4)

A derrota diante dun rival directo fai que volva aparecer a pantasma do descenso sobre o Anxo Carro

G24.gal 04/05/2025 14:07

O Lugo perdeu de xeito contundente diante do Barcelona Atlétic e complica moito a súa situación clasificatoria na 1ª RFEF. O equipo catalán, que se xogaba a última carta para evitar o descenso, gañou por 0-4 e queda a tres puntos do cadro lucense coa diferenza de goles ao seu favor. 

O temperán gol de Cédric (minuto 5) marcou o partido. O Lugo levou a iniciativa diante dun Barcelona que trata moi ben a pelota. Ao equipo catalán serviulle para gañar tranquilidade e aproveitou o seu xogo de contragolpe no segundo tempo para machacar. 

O protagonista foi Jan Virgili que marcou o segundo e o terceiro aproveitando a velocidade do filial do Barça. Cos brazos abaixo do Lugo chegou o cuarto gol, o segundo na conta do dianteiro Cédric no minuto 86. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade