Publicador de contidos

Publicador de contidos

Goleada do Pontevedra no amigable en Vilalonga

Goleada do Pontevedra no amigable en Vilalonga

G24.gal 31/07/2022 23:10

O Pontevedra goleou o Vilalonga (0-6) nun partido amigable no que empregou moitos xogadores do filial e continuou preparando a súa estrea na Primeira Federación do vindeiro mes. Un partido especial para o técnico Antonio Fernández que tivo a súa primeira experiencia como adestrador no equipo do Concello de Sanxenxo. 

Charles marcou o único gol no primeiro tempo. Na segunda metade, segundo foron pasando os minutos, o Pontevedra aumentou a vantaxe. Oier Calvillo marcou o segundo. O terceiro e o cuarto chegaron con lanzamentos desde o punto de penalti transformados por Valen e Yelko Pino. Os dous últimos marcáronos Victor e David Fraga. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade