Publicador de contidos
Publicador de contidos

Goberno e organizacións agrarias achegan posturas sobre a PAC, pero sen acordos

Goberno e organizacións agrarias achegan posturas sobre a PAC, pero sen acordos

Asaja, COAG e UPA din que os avances son insuficientes e piden medidas concretas en seguros e fiscalidade

A semana próxima volveranse reunir por cuarta vez dende o inicio das protestas 

Continúan as protestas para reclamar prezos xustos 

G24.gal 28/02/2024 14:48 Última actualización 28/02/2024 19:46

O Goberno e organizacións agrarias emprázanse a seguir negociando a nivel técnico e administrativo, un paquete de medidas coas organizacións agrarias. 

O ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas asegura que na xuntanza deste mércores houbo "avances importantes" en cuestións como Política Agraria Común (PAC) "pero aínda queda un treito por concluír".

Os sindicatos agradeceron os avances nas negociacións pero manteñen que son insuficientes para acabar coas protestas. Queren que se lles especifique con máis detalle en que quedan todos os avances anunciados sobre flexibilización da Política Agrícola Común (PAC) ou os novos cambios na Lei da cadea alimentaria, entre outros.

Insisten na necesidade de adoptar medidas concretas para este exercicio da Política Agraria Común, pero tamén en materia de seguros e fiscalidade.

O ministro avanzou que se reunirán para concretar medidas que poidan aplicarse de maneira inmediata, como na declaración da PAC de 2024 e a condicionalidade das axudas. De feito, mañá e pasado haberá reunións a nivel técnico entre as partes e xa o vindeiro martes será cando volvan verse as caras o ministro e os responsables das tres organizacións. 

Continúan as protestas 

Mentres tanto, cúmprese xa a vixésimo segunda xornada de protestas dos agricultores polo país. As principais mobilizacións nesta xornada centráronse en Cataluña, onde volveron cortar varias estradas. 

Os agricultores esixen un cambio de nome do Departamento de Acción Climática, Axenda Rural e Alimentación da Generalitat polo de Agricultura, Gandería e Pesca, así como dimisións na Axencia Catalá da auga (ACA). Tamén reclaman unha reunión co conseller de Acción Climática, David Mascort, e ameazan con subir o ton das protestas se o encontro non se leva a cabo.

Os agricultores tamén levaron as súas protestas ata o pleno de Albacete, onde volveron reclamar prezos xustos.

Doutra banda, ao redor de 25 tractores circulan a escasa velocidade polo polígono de Jundiz de Vitoria sen impedir que os camións poidan entrar e saír ás plataformas loxísticas de Mercadona, Eroski e Lidl.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade