Goberno e comunidades analizan este martes a volta ás aulas despois do Nadal
Retomarase o curso segundo o previsto: o día 10 e de xeito presencial
Goberno e comunidades reúnense dende as nove e, salvo sorpresas, ratificarán unha volta ás aulas con total normalidade o día 10, tanto nos niveis obrigatorios como na universidade. Comparten a idea o Executivo central e os autonómicos, os sindicatos e as familias. Incluso Madrid, que a semana pasada dubidaba sobre unha volta ás aulas semipresencial.
Ademais poderían acabarse as corentenas nos colexios. O Ministerio traballa cun documento que propón eliminalas en infantil e primaria e ampliar a consideración de gromo a tres ou máis casos.
A normalidade nas aulas contrasta con outras restricións que si se manteñen.
Cataluña, por exemplo, confirmou que prorroga outros quince días o peche de ocio nocturno e toque de queda. Preocupa a ocupación das UCI nesa comunidade, que está nun 40 %, o dobre que a media.
Con todo, a presión hospitalaria en toda España segue moi lonxe das ondas anteriores e aumenta a un ritmo moito que nada ten que ver co dos contaxios, en cifras históricas. O Ministerio notificou mais de 372.000 dende o xoves e elévase a incidencia máis de 500 puntos, superando os 2.000 casos por primeira vez, con Navarra, por riba de 5.000, e o País Vasco á cabeza.