Publicador de contidos

Publicador de contidos

GNR e Garda Civil fan controis de transportes xuntos nas fronteiras galegas

GNR e Garda Civil fan controis de transportes xuntos nas fronteiras galegas

O exceso de carga e de horas de condución entre as infraccións máis detectadas

G24.gal 30/09/2022 14:07

Desde as rodas ata o estado do vehículo en xeral ata os documentos do vehículo e do condutor ou o tacógrafo, o control de colaboración entre GNR e Garda Civil ao que asistimos é exhaustivo.

Co pulo do comercio electrónico é esencial que todos os países e empresas cumpran a lei. Entre os que pararon hoxe están  Iván Brea que transporta sal desde Murcia para as empresas galegas e o portugués José Carlos Fernandes que transporta millo con este vello camión, a el detectáronlle pequenas deficiencias.

Iván afrontou tranquilo o control, xa que sabe que el e a empresa cumpren as normas. Nestes días de control atoparon algún exceso de carga e de condución e problemas con cargas perigosas. En casos máis extremos noutros controis detectáronse manipulación de tacógrafos e excesos de carga que superaban o 30 %.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade