Giráldez: "Unha vitoria ante o Dinamo facilitarianos o camiño en Europa"
O Celta afronta o segundo partido europeo fóra da casa ante o Dinamo de Zagreb
"Os números do Dinamo asustan, pero nós vimos gañar"
Esta noite o Celta afronta o cuarto partido da fase de liga da Europa League ante o Dinamo de Zagreb, o segundo encontro fóra da casa. O balance do Celta en Europa ata agora deixa un balance de dúas vitorias en Balaídos e unha derrota fóra, polo que gañar hoxe "facilitaríanos o camiño". O adestrador do Celta, Claudio Giráldez, analizou o partido na conferencia de prensa previa desde o estadio Maksimir de Zagreb.
"Os números do Dinamo asustan, xogamos contra un equipo moi poderoso no seu terreo. Pero non afrontamos ningún partido que non sexa para gañalo. Estamos na cuarta xornada, gañar ao Dinamo facilitarianos moito o camiño no que queda de competición".
É a primeira vez que o Celta se enfronta ao Dinamo de Zagreb. Unha vitoria esta noite achegaría moito ao Celta a unha clasificación para a segunda fase da Europa League. No campo, a gran novidade será Iván Villar baixo paus para substituir ao lesionado Andrei Radu. Pola banda do Dinamo, non poderán contar co lateral dereito Valincic por lesión.