Publicador de contidos
Publicador de contidos

Giráldez: “Temos recursos para xogar sen Iago Aspas”

Giráldez: “Temos recursos para xogar sen Iago Aspas”

O técnico considera que teñen solucións para vencer sen o capitán

G24.gal 09/01/2025 15:27 Última actualización 09/01/2025 15:34

Claudio Giráldez referiuse na súa conferencia de prensa deste xoves á ausencia de Iago Aspas, o Raio Vallecano ou sobre que algún club pague a cláusula de Mingueza. 

Iago Aspas estará unhas catro semanas de baixa, a primeira ausencia será en Vallecas. 

"Queremos que estea ben canto antes, oxalá non se lesionase e estivese dispoñible todos os partidos. Cremos que é unha lesión menor e que vai estar pronto de volta connosco. Afixémonos a que ninguén sexa imprescindible, o equipo ten recursos para que outros compañeiros poidan achegar".

Claudio valorou as opcións de que o Aston Villa pague a cláusula de Mingueza. 

"Quero que acabe o mercado. Entendo que os xogadores que están a facer as cousas ben ou están a chamar máis a atención teñen máis opcións de que alguén veña e pague por eles. Estamos nun mercado libre. Se alguén o quere é a maneira de proceder".

Giráldez destacou de Jones El-Abdellaoui a súa xuventude e o seu potencial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade