Publicador de contidos

Publicador de contidos

Giráldez: "Temos os deberes feitos, pero queremos máis"

Giráldez: "Temos os deberes feitos, pero queremos máis"

Giráldez confirmou que non repetirá once ante o equipo de Marcelino

G24.gal 22/04/2025 15:39 Última actualización 22/04/2025 15:45

Claudio Giráldez, adestrador do R. C. Celta, mostrou este martes, na véspera de recibir ao Vilarreal en Balaídos, a súa ambición por pelexar por un dos postos europeos.

“Temos os deberes feitos. Imos gozar de onde estamos, pero temos ganas de máis, temos unha ambición que se mostra en como quedamos despois de perder o partido do outro día, en como estaba o vestiario de amolado”, afirmou Giráldez.

Para o técnico sería “un erro” catalogar como “unha final” o duelo ante o ‘submarino amarelo’. O adestrador celeste aínda lle dá voltas ao sucedido no Estadio Olímpico Lluís Companys, onde o seu equipo caeu ante o líder FC Barcelona cun gol de Rapinha no desconto despois de ir gañando 1-3.

“Somos conscientes de que cometemos erros que se pagan caro nun partido como ese. Tivémolo moi preto, oxalá tivésemos a fortuna de defender mellor algunhas situacións, de acertar nalgunha situación de transición. Démoslle para comer ao Barça con algunha perda”, lamentou.

A Giráldez, que confirmou que non repetirá once, o partido do pasado sábado lembroulle ao sucedido contra o Vilarreal no Estadio da Cerámica en canto ao resultado e ao sucedido nos últimos minutos.

“En Vilarreal temos o 3-4 con moitas ocasións, e neste partido témolo cunha ou dúas chegadas, sobre todo no remate de Mingueza. Logo non cortamos un contraataque que puidemos cortar e métennos o 4-3 nunha acción de VAR, quedándonos coa mesma cara de parvos que o día de Vilarreal meses despois”, lembrou.

O técnico galego non cre que o partido de mañá sexa “de ida e volta” como a segunda parte do partido da primeira volta, ademais de advertir do perigo do conxunto dirixido por Marcelino García Toral ao contraataque. Startfel tampouco estará ante os castellonencos

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade