Cargando resultados...
Giráldez: "Temos ganas de enfrontarnos a un equipo tan poderoso no físico e con talento"
Ante o Niza están descartados Williot, Yoel e Jones, pero regresa Ristic
G24.gal
22/10/2025 13:58
Última actualización 22/10/2025 14:07
O Celta xoga mañá a terceira xornada da Europa League ante o Niza francés. Claudio non poderá contar con Williot, Yoel e Jones pero recupera Ristic.
"Temos ganas de enfrontarnos a un equipo tan poderoso no físico e con talento".
No último partido de Liga, Iago Aspas non xogou un só minuto. Mañá terá minutos.
"Todos os partidos son para que xogue Iago, a idea o outro día era que xogase, pero non se deu un contexto bo. Mañá, vai participar, se non pasa nada raro. Esperemos que siga sumando partidos a ese récord que creo que ninguén poderá bater".
O Niza chega esta tarde a Vigo e traballará sobre o céspede de Balaídos ás 18:30.