Publicador de contidos

Publicador de contidos

Giráldez recupera a Marcos Alonso e a Swedberg para o debut europeo

Giráldez recupera a Marcos Alonso e a Swedberg para o debut europeo

Os que non viaxarán a Stuttgart son Mihailo Ristic e Sergio Carreira, que caeron lesionados no último partido en Vallecas

G24.gal 23/09/2025 14:24 Última actualización 23/09/2025 14:26

O adestrador do Celta, Claudio Giráldez, terá á súa disposición ao defensa Marcos Alonso e ao extremo Williot Swedberg para o debut europeo ante o Stuttgart, despois de que ambos recibisen este martes a alta médica.

A dous días da estrea na liga Europa, o técnico celeste recibiu a boa noticia de que o central, un dos habituais no seu once inicial, poderá xogar en Alemaña tras superar as molestias no xeonllo que lle impediron disputar os últimos partidos de Liga. Ademais, tras o adestramento desta mañá na cidade deportiva, o último en terras galegas, os servizos médicos do Celta confirmaron que o internacional sub-21 sueco xa está recuperado da escordadura de nocello que sufrira a semana pasada.

Os que non viaxarán a Stuttgart son os laterais Mihailo Ristic e Sergio Carreira, que caeron lesionados no último partido contra o Raio. Ambos traballaron esta mañá no ximnasio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade