Publicador de contidos

Publicador de contidos

Giráldez: "Quero pasar na Copa sen pensar en con quen xogamos o domingo"

Giráldez: "Quero pasar na Copa sen pensar en con quen xogamos o domingo"

O Celta visita o domingo o Bernabéu

O equipo volveu traballar na Madroa para adaptarse ao céspede artificial

Radu, Starfelt, Moriba e Marcos Alonso, fóra da convocatoria

G24.gal 03/12/2025 19:23 Última actualización 03/12/2025 19:55

O Celta regresou á Madroa por unhas horas para preparar a conciencia a Copa antes da visita de Liga ao Bernabéu. Unha superficie sintética e un ambiente brutal é o que van atopar no campo barcelonés do Sant Andreu, onde a temporada pasada o Betis sufriu para pasar.

Claudio Giráldez, o adestrador do Celta, non quere confianzas: "Para min non hai nada doado. A competición iguala todo, e máis se xogas en artificial, nun campo de dimensións pequenas ao que non estamos afeitos. Eles sabemos que apertan moito". 

Será unha ocasión para os menos habituais e os xogadores do Celta Fortuna. En Vigo quedan, Radu, Starfelt, Marcos Alonso, Ilaix e Javi Rguez. Claudio quere centrarse na Copa, pero o domingo toca visita ao Bernabéu para se enfrontar ao Real Madrid:  "Quero pasar na Copa máis alá de con quen xoguemos o domingo. Temos a ilusión de avanzar, de seguir adiante nas tres competicións. Temos un equipo amplo para poder permitilo. Imos tentar sacar un once competitivo coa dificultade que ten o contexto, xogar en artificial, nun campo pequeno, con xente que se poida adaptar a ese tipo de contextos para ser competitivos e o domingo sacar outro equipo competitivo para tentar competir e gañar no Bernabéu"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar