Giráldez: “O obxectivo está cumprido pero imos pelexar o top 8”
O técnico do Celta achacou “á mala sorte” a expulsión de Hugo Sotelo
O técnico cualifica como máxica a noite céltica Claudio Giráldez, adestrador do Celta, estaba exultante tras o triunfo do seu equipo ante o Lille (2-1), o cal lle asegura o pase á seguinte rolda da Europa League e manteno vivo na pelexa polo top oito.
“Para min foi un partido histórico, logo cada un vivirao á súa maneira. Creo que foi un día moi especial, máxico. Conseguimos a clasificación matemática para a seguinte rolda, nun partido con dous partes moi diferenciadas. Agora imos pelexar polo ‘top 8’ con todas as nosas forzas en Belgrado”, comentou en conferencia de prensa.
O técnico celeste eloxiou a posta en escena do seu equipo ante un rival “de tanto talento”, e achacou “á mala sorte” a expulsión de Hugo Sotelo.
“É unha expulsión que se dá moitas veces no fútbol. Lembro unha similar de Gabri Veiga cando estaba no Celta”, apuntou Giráldez.