Giráldez dá descanso para a Copa a oito habituais titulares
Ionut Radu, Marcos Alonso, Carl Starfelt, Iago Aspas, Moriba, Óscar Mingueza, Sergio Carreira e Borja Iglesias non viaxan a Navia
A ausencia de Ionut Radu, Marcos Alonso, Carl Starfelt, Iago Aspas, Moriba, Óscar Mingueza, Sergio Carreira e Borja Iglesias, habituais no once de Claudio Giráldez en LaLiga, é a principal novidade na lista de convocados do técnico celeste para o partido deste xoves contra, correspondente á primeira eliminatoria da Copa do Rei
"Afrontamos o partido de Copa coa idea de seguir coa dinámica de resultados"
"Aproveitar a competición para xente que non xoga tanto, para ver a xogadores do Fortuna"
O adestrador do Celta citou a varios xogadores do filial para o duelo contra o conxunto cántabro do Porto de Vega: o porteiro Marcos González, o defensa Pablo Meixús, os centrocampistas Andrés Antañón e Hugo Burcio e os atacantes Hugo González e Óscar Marcos.
👥 𝗖𝗢𝗡𝗩𝗢𝗖𝗔𝗧𝗢𝗥𝗜𝗔 ⋄ #PuertoDeVegaCelta
— Celta (@RCCelta) October 29, 2025
🆕 Primeira convocatoria oficial para Hugo González (#30), Pablo Meixús (#31), Óscar Marcos (#33), Andrés Antañón (#36), Hugo Burcio (#38) e Marcos González (#40). pic.twitter.com/ubyE3bd8In