Publicador de contidos
Publicador de contidos

Gilsanz: "O mercado de xaneiro é complicado, pero está aí para aproveitalo"

Gilsanz: "O mercado de xaneiro é complicado, pero está aí para aproveitalo"

O Deportivo comeza o 2025 viaxando a Málaga

Foto @RCDeportivo
G24.gal 10/01/2025 13:09 Última actualización 10/01/2025 13:15

Óscar Gilsanz, adestrador do R. C. Deportivo, confirmou este venres que a dirección deportiva está a tratar de reforzar o persoal neste mercado invernal.

“O mercado de xaneiro é complicado porque hai menos futbolistas, os prazos esgótanse rapidamente porque é só un mes. Un club como o noso ten que estar sempre pendente de mellorar o persoal para ser un equipo equilibrado”, afirmou.

Avanzou que “de momento” non hai movementos en canto a chegadas e saídas, pero incidiu en que o mercado “está aí para aproveitalo e ver o que se pode conseguir”. 

Di que dirección deportiva está preocupada diso e nós do partido de Málaga, "que é o que podemos manexar”

"Teñen algunha similitude connosco en canto a mocidade e dinamismo, a buscar a porta contraria".

"O ambiente véxoo do lado positivo. As afeccións son das máis numerosas. A nosa está fóra de categoría e a súa é das mellores".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos