Cargando resultados...
Germain Milla lidera a goleada do Celta Fortuna no Concepción Arenal
Dobrete do xogador camerunés, fillo de Roger Milla
Andrés Antañón abriu a conta cun golazo
G24.gal
23/08/2025 20:53
O Celta Fortuna impúxose no Concepción Arenal con protagonismo para Germain Milla. O interior de orixe camerunesa marcou dous goles e dará a batalla por un oco no equipo titular despois de xogar a temporada pasada co xuvenil de División de Honra do cadro vigués. O outro tanto do partido foi anotado por Andrés Antañón, un golazo nos primeiros minutos do segundo tempo.