Publicador de contidos

Publicador de contidos

Gardacostas de Galicia rescata tres tripulantes fronte a Aguete

Gardacostas de Galicia rescata tres tripulantes fronte a Aguete

O rescate produciuse ás dúas da mañá

G24.gal 10/03/2023 13:49

Eran as dúas da mañá cando unha embarcación deportiva, duns seis con noventa metros de eslora, chamada Moët, quedaba sen goberno fronte á praia marinense de Aguete. Os seus tres tripulantes, duns trinta anos, fondeárona e deron aviso a emerxencias. Ata o lugar desprazouse o buque de Salvamento Irmáns García Nodal de Gardacostas de Galicia que ten base no porto de Marín. Axudados por unha das embarcacións de apoio do buque rescataron os tres tripulantes e achegaron a embarcación ao próximo peirao de Aguete.

O equipo de rescate non chegou a saber por que o motor deixou de funcionar. Atoparon os tres tripulantes relativamente tranquilos, xa que conseguiran fondear a embarcación e recibiran xa a chamada dos Gardacostas que lles dixeran que ían de camiño.

O capitán dos Irmáns García Nodal resta importancia ao rescate, que é parte do seu traballo cotián, e di que sempre hai alguén do servizo pendente de calquera alerta.

Segundo algunhas fontes os mozos dixeron que a embarcación estaba en venda e comprador e vendedor decidiron probar os preto de 250 cabalos esta madrugada. Os mozos son das localidades de Bueu e Marín.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade