Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia volve superar os 400 ingresos en hospitais, nunha xornada de baixada de casos activos

Galicia volve superar os 400 ingresos en hospitais, nunha xornada de baixada de casos activos

Hai 1.144 persoas menos con coronavirus que hai dous días

O Sergas notificou un deceso por mor da covid

Jessica Fernández 21/03/2022 10:24

Os casos activos baixan tras unha semana de subida. En total, hai 20.225 persoas con coronavirus en Galicia, 1.144 menos ca hai dous días, xa que os domingos non se rexistran datos.

Pola súa parte, os contaxios diarios baixan con respecto a onte e rexístranse 1.355

repartición de casos novos detectados por probas diagnósticas nas distintas áreas sanitarias é a seguinte:

Repartición dos casos activos por áreas sanitarias:

A Coruña: 4.310 (-215)

Vigo: 3.739 (-185)

Ourense: 2.459 (-276)

Santiago: 3.191 (-219)

Lugo: 2.423 (-175)

Pontevedra: 2.176 (-72)

Ferrol: 1.833 (-2)

En canto á ocupación hospitalaria, esta mantense nas UCI con 20 ingresos, pero aumenta notablemente en planta (+42). En total, hai 395 persoas hospitalizadas en planta e 20 en UCI.

Con todo, o Sergas notificou un deceso por mor da covid, que alza a cifra a 3.174 falecementos desde o inicio da pandemia.

Mapas de incidencia por concellos

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade