Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia será pioneira co primeiro centro público de coidados intermedios do Estado

Galicia será pioneira co primeiro centro público de coidados intermedios do Estado

Destinarase á rehabilitación de maiores despois dunha estadía hospitalaria e antes de que poidan regresar aos seus domicilios

A Consellería de Política Social prevé que estea en funcionamento en Santiago no primeiro trimestre de 2024

O centro habilitarase nas instalacións do Cegadi, en Santiago
G24.gal 24/03/2023 15:21 Última actualización 24/03/2023 17:32

As instalacións do Cegadi en Santiago, que foran residencia covid na pandemia, van acoller o primeiro centro de coidados intermedios de Galicia. Está pensado para os maiores que precisen coidados despois dunha estadía hospitalaria, e antes de regresar ao seu domicilio. 

"Cando unha persoa maior ingresa cunha fractura de cadeira -explica a conselleira de Política Social, Fabiola García- unha vez que recibe a alta pode acudir a este centro de coidados intermedios para rehabilitación, terapia e coidados".

Destinaranse un millón de euros a adaptar as instalacións, e crear unha unidade de coidados intermedios para 60 residentes. Chegarán derivados dende o Servizo Galego de Saúde, e será Política Social a que se encargue de rehabilitalos e de darlles a alta. 

Para Fabiola García, vai ser "unha ponte perfecta" entre o mundo sanitario e o social, que vai "repercutir directamente en mellorar a calidade de vida das persoas maiores".

A Xunta creará outro centro de coidados intermedios en Mos, con outras sesenta prazas previstas. A previsión é que este de Santiago poida estar xa en funcionamento no primeiro trimestre do ano que vén. 
 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade