Galicia rebaixa nun 20% o número de contaxios diarios e casos activos nunha semana
Descende a presión hospitalaria en planta e nas UCI
As áreas sanitarias de Ourense a Lugo son as únicas en que aumenta o número de persoas infectadas co virus
O Sergas notificou o deceso de sete persoas, que alza a cifra a 3.022
Os casos activos seguen descendendo de forma leve (-347) e xa baixan dos 49.000. Na última semana caeu un 21,5 % e hai, en total, 48.835 persoas con coronavirus en Galicia.
Pola súa parte, os contaxios diarios baixan lixeiramente con respecto ao día anterior e rexístranse 3.679 nas últimas 24 horas. Nunha semana, o número de contaxios diarios é un 23,5 % menor que hai sete días.
A repartición de casos novos detectados por probas diagnósticas nas distintas áreas sanitarias é a seguinte:
Repartición dos casos activos por áreas sanitarias:
A Coruña: 10.467 (-271)
Vigo: 11.743 (-91)
Ourense: 4.901 (+7)
Santiago: 8.771 (-48)
Lugo: 5.108 (+78)
Pontevedra: 5.212 (-55)
Ferrol: 2.328 (-6)
En canto á presión hospitalaria, esta tamén continúa a súa baixa tanto en planta (-10) como nas UCI (-3). En total, hai 625 e 44 hospitalizacións respectivamente.
Con todo, o Sergas notificou o deceso de sete persoas por mor da covid–19, que alzan a cifra a 3.022 falecementos desde o inicio da pandemia.
Mapas de incidencia por concellos