Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia rexistra as cifras máis baixas de ingresos críticos por covid de todo o 2022

Galicia rexistra as cifras máis baixas de ingresos críticos por covid de todo o 2022

Hai 18 persoas coa doenza nas unidades de coidados intensivos

Tamén diminúen as hospitalizacións en camas convencionais

 

G24.gal 09/04/2022 11:17

Durante esta última semana a cifra de hospitalizacións volveu superar os 500 ingresos, pero nos últimos días foi descendendo e este sábado hai 489 persoas infectadas nos hospitais, un dato similar ao das últimas semanas de febreiro.

En marzo mellorou algo a situación e no que levamos de abril aumentou lixeiramente o número total de pacientes. Pero nas unidades de coidados intensivos atopamos os mellores datos do ano 2022. Durante toda a semana non superou a vintena, algo que non sucedía dende hai meses.

Este sábado, son 18 as persoas hospitalizadas coa covid en estado crítico, seis delas na área de Santiago, que é a que máis casos graves ten. En planta hai 471 persoas. A área da Coruña mantense á cabeza con 116.

Outra cifra que continúa estable é a de persoas falecidas coa covid: no que levamos de abril notificáronse 30 mortes, tres delas nas últimas horas. 

Os contaxios notificados seguen por riba do milleiro, con Vigo, A Coruña, Santiago e Lugo roldando os 200 positivos novos. Volve subir así o número de pacientes coa infección activa: 11.942.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade