Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia recupera o seu verán de festas

Galicia recupera o seu verán de festas

A app e páxina web Orquestas de Galicia achega toda a información sobre as verbenas

Cada mes actualizan unha clasificación de festas, elaborada mediante un algoritmo

G24.gal 26/06/2022 21:17 Última actualización 26/06/2022 21:50

Tras dous anos de pandemia, este prevese como o verán da recuperación das festas en todas as vilas e concellos galegos. Segundo as predicións que fai a aplicación Orquestas de Galicia, este 2022 celebraranse case tantas verbenas coma no ano 2019.

No ano 2019 houbo máis de tres mil festas en toda Galicia. Despois chegou o paro da pandemia e agora por fin regresan as verbenas con forza. Prevese que se alcancen este verán case as cifras previas á covid. Así o reflicte, mediante un algoritmo de predición analítica, a aplicación e portal web Orquestas de Galicia.

A través destes gráficos amósannos ben diferenciadas as verbenas de antes da covid, do que aconteceu nestes dous anos e a predición de que este será previsiblemente o verán da recuperación da troula. E, como non, as datas e fins de semana máis festeiras estes meses volverán ser...

"O 15 e 16 de agosto e o 25 de xullo son as datas onde é moi difícil atopar unha orquestra", di Diego Muíño, xestor da app e do portal web Orquestas de Galicia.

A aplicación tamén serve como plataforma onde as orquestras poden publicitar as baixas e altas de persoal que teñen cada temporada... O seu éxito é tal que a aplicación xa cumpriu dez anos.

Cada mes actualizan unha clasificación de festas, con indicacións para chegar á verbena, cos horarios e con toda a información relevante, o que a converte en todo un referente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos