Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia protagoniza o Congreso Mundial de Buiatría

Galicia protagoniza o Congreso Mundial de Buiatría

O evento reúne 3.000 veterinarios de 71 países especialistas en medicina de rumiantes

Tres dos oito organizadores son veterinarios lugueses

G24.gal 19/08/2022 20:28

Benestar animal, impacto do cambio climático no gando ou aplicación das novas tecnoloxías en medicina de bovinos. Son algúns dos temas que se van tratar no Congreso Mundial de Buiatría que reunirá en Madrid preto de 3.000 veterinarios de 71 países.

Especialistas, empresas e entidades de Galicia, coa maior cabana de vacas de España e das máis grandes de Europa, terán un papel predominante neste evento organizado pola asociación ANEMBE.

No congreso haberá relatorios na procura de vacas máis eficientes dende o punto de vista da produción e do medio ambiente. E tamén se van analizar doenzas habituais e coñecidas nas vacas como a mamite ou a cetose e a súa evolución ao longo do tempo.

Ademais, vaise dar especial importancia as enfermidades do espectro da zoonose, é dicir, aquelas que poden pasar dos animais aos seres humanos, como sucedeu co coronavirus.

Outro dos obxectivos do congreso é o de intercambiar experiencias sobre problemas cada vez máis comúns nunha gandería cada vez máis globalizada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade