Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia porá en marcha os primeiros centros de Coidados Intermedios de España

Galicia porá en marcha os primeiros centros de Coidados Intermedios de España

Atenderán pacientes que recibiron a alta hospitalaria, pero que seguen necesitando coidados

G24.gal 30/11/2022 16:12

Galicia vai poñer en marcha os primeiros centros de Coidados Intermedios de España, moi centrados nas persoas maiores.
Presentounos en Madrid a conselleira de Política Social.

Estes centros atenderán pacientes que recibiron a alta hospitalaria, pero que seguen necesitando coidados.

"Unha persoa maior cando recibe a alta por exemplo por unha rotura de cadrís aínda non pode ir ao domicilio porque non está adaptado. Precisa coidados e rehabilitación", explicou Fabiola García, Conselleira de Política Social.

De momento hai dous proxectos en marcha. O primeiro licitarase antes de que remate o ano.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade