Cargando resultados...
Galicia ofrécese a acoller familias ucraínas que foxen da guerra
"Aquí estamos coas portas e os brazos abertos", di a conselleira de Política Social, Fabiola García
G24.gal
02/03/2022 15:09
A conselleira de Política Social explica que lle trasladou ao Goberno central a súa colaboración.
"Estamos en contacto cos colectivos, facémolo a través de entidades sociais que están facendo un mapa de recursos, onde poden vivir esas familias", di Fabiola García.
"Aquí estamos coas portas e os brazos abertos para que veñan á nosa comunidade, porque aquí van estar ben coidados e ben atendidos", explicou a conselleira.