Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia mobiliza a súa mocidade católica para convidar a León XIV a vir o ano que vén

Galicia mobiliza a súa mocidade católica para convidar a León XIV a vir o ano que vén

Os mozos súmanse á petición que o arcebispo de Santiago lle fixo ao papa

Queren que os acompañe nun tramo na Peregrinación Europea da Xuventude o vindeiro Ano Santo

O Sumo Pontífice visitará España entre o 6 e o 12 de xuño
G24.gal 19/05/2026 14:49

Hai confianza en que o ano que vén o papa visite Santiago con motivo do Ano Santo. O convite oficial está feito dende o arcebispado pero agora é a mocidade galega a que quere sumarse á petición, saben que para o papa son a esperanza da fe cristiá. 

 "O papa tennos moito cariño aos mozos, xa o demostrou en distintas oracións, vixilias, misas", comenta Martín García, membro da Pastoral de Infancia e Xuventude de Santiago.

Con motivo da visita papal a España durante o mes de xuño 500 mozos católicos galegos van viaxar a Madrid para pedirlle que veña a Santiago o ano que vén. A loxística xa está preparada.

"Temos tres autobuses dende a delegación, un dende Santiago, outro dende A Coruña e outro dende Pontevedra, todos cheos de mocidade e con moitas ganas de ir", apunta Sara Carballeiro, que forma parte da Pastoral Xuvenil da diocese de Santiago.

O momento máis simbólico para trasladarlle o convite a León XIV será durante a gran vixilia que se celebrará a noite do 6 de xuño en que van participar 250.000 mozos de toda España.

"Porque as vixilias sempre son como o momento así de máis unión con toda a comunidade, con toda a mocidade, coa xente da túa idade que vaia estamos todos cara a un mesmo fin, que é ver  o papa e sentir a Xesús entre nós", continúa Sara.

Moitos dos participantes nesta vixilia virán a Galicia o ano que ven  para unirse á Peregrinación Europea da Xuventude. E queren que este papa camiñe a carón deles.

"A ver, dentro da posibilidade que ten porque penso que está moi ocupado, pero si, faríanos moita ilusión que poida camiñar con nós", conclúe Martín.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar