Galicia lidera o turismo no norte da península
Galicia lidera o turismo no norte da península
Galicia reforza a súa posición como destino turístico
Durante o mes de xullo foi a comunidade do norte peninsular que recibiu o maior número de visitantes
Preguntámonos que veñen buscando os turistas a Galicia.
"Todo, eu creo que todo e a gastronomía xa...".
"Tivemos a sorte de ter un tempo moi bo, non nos choveu ningún día, así que perfecto".
"O cambio de temperatura é abismal é tremendo e o certo é que se agradece enormemente".
"É unha marabilla", comentan varios turistas.
Galicia ten todos os ingredientes para ser un dos mellores destinos turísticos e as cifras así o avalan. Segundo datos do INE, por segundo ano consecutivo, sitúase como a comunidade do norte que máis turistas recibe.
"Si que evidentemente estamos nunhas boas cifras, iso é innegable e loxicamente aínda queda percorrido por facer e hai que seguir traballando o que temos claro é que a industria turística é un motor e está claro como está respondendo o turista aquí en Galicia", explica Lalo Crespo, director hotel Oca Puerta del Camino
Durante o mes de xullo rexistráronse máis de 2 millóns de pernoitas, e o turista internacional destaca.
"Non sabía que había tal chea de xente e encantado, moi ben", conta outro turista.
"Se tivésemos máis voos directos os tres aeroportos que temos en Galicia seguramente esta cifra aumentaría o dobre. Se tivésemos máis conexións de AVE coa meseta tamén teriamos un incremento considerable de turistas internacionais pero aínda así somos quen de atraer este tipo de turista que fai un dobre de gasto que o turista nacional", apunta Cesáreo Pardal, presidente do Clúster de Turismo de Galicia.