Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia entra no risco medio de transmisión do coronavirus

G24.gal 16/11/2021 19:42

As comunidades autónomas notificaron este martes ao Ministerio de Sanidade 4.091 novos casos de covid–19, 2.793 deles diagnosticados durante as últimas 24 horas. A cifra total de contaxios en España elévase xa a 5.061.045 desde o inicio da pandemia, segundo as estatísticas oficiais.

A incidencia acumulada nos últimos 14 días por 100.000 habitantes sitúase en 88,65, fronte a 83,02 o luns. Nas pasadas dúas semanas rexistrouse un total de 42.063 positivos. 

No informe deste martes engadíronse 29 falecementos, en comparación con 43 do luns. Ata 87.745 persoas con proba diagnóstica positiva faleceron desde que o virus chegou a España, de acordo cos datos recollidos polo Ministerio.  

Actualmente, hai 2.164 pacientes ingresados por COVID–19 en toda España (2.180 o luns) e 427 en UCI (427 o luns). Nas últimas 24 horas, producíronse 289 ingresos (297 o luns) e 261 altas (107 o luns). A taxa de ocupación de camas por coronavirus sitúase no 1,75 por cento (1,77 % o luns) e nas UCI no 4,68 por cento (4,68 % o luns).  

Mentres, a taxa de positividade sitúase no 4,11 por cento, fronte ao 3,89 por cento do luns. A Organización Mundial da Saúde (OMS) recomenda que este dato se atope por baixo do 5 por cento para considerar como controlada a propagación do virus.

O mapa da incidencia podería cambiar se o Ministerio aproba o novo semáforo da covid–19, no que a Sanidade elevaría os valores de cada nivel. De actualizarse, España pasaría a estar en risco baixo e Galicia no que se denominaría "circulación controlada".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade