Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia, segunda comunidade con menor taxa de hospitalización en UCI pola covid

Galicia, segunda comunidade con menor taxa de hospitalización en UCI pola covid

A incidencia e a presión hospitalaria aumentan levemente en España

Os contaxios diarios volven rozar os 2.000, nunha xornada de aumento dos casos activos

G24.gal 15/03/2022 16:57

A incidencia acumulada rexistra unha nova leve subida de 1,4 puntos, ata 432 casos, o que supón o segundo incremento na transmisión da covid desde o pasado xoves, con 36.066 contaxios máis nos últimos catro días, segundo a actualización de datos da pandemia deste martes.

Segundo o Ministerio de Sanidade, tamén se rexistrou un leve aumento dunha décima na presión hospitalaria en planta (3,9 %), aínda que a ocupación nas UCI mantense apenas invariable, do 7,55 % ao 7,48%.

En total, hai 117 enfermos covid máis desde o pasado venres, polo que sobe a 4.894 os ingresados en España, 682 deles nas unidades intensivas.

Nos últimos catro días as comunidades autónomas notificaron 281 falecidos, de forma que aumenta a 14.499 os decesos desde o inicio da sexta vaga -a mediados de outubro- e a 101.416 en toda a pandemia, segundo cifras oficiais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade