Galicia é a comunidade que vacinou máis menores de doce anos
Supera en máis de 20 puntos a media española
Galicia está á cabeza das comunidades con maior porcentaxe de nenos de entre cinco e once anos vacinados. Máis da metade xa recibiu a primeira dose da vacina pediátrica de Pfizer.
💉 Os datos de hoxe do @sanidadgob amosan que Galicia é a comunidade autónoma cunha maior porcentaxe de poboación infantil entre 5 e 11 anos protexida cunha primeira vacina fronte á covid.
— Consellería de Sanidade (@SanidadeXunta) January 7, 2022
🔝 A porcentaxe do 53,8% supera en máis de 20 puntos a media nacional. pic.twitter.com/JGAiupJIiw
Estamos máis de vinte puntos por riba da media do Estado en vacinación infantil e somos tamén a comunidade coa maior porcentaxe de poboación maior de 12 anos inmunizada. O 94 % ten a pauta completa, segundo o último informe do Ministerio de Sanidade.
O Sergas a partir do luns seguirá coa citación dos menores. A previsión é que a mediados de xaneiro teñan a primeira dose da vacina contra o coronavirus en Galicia máis do 90 % dos nenos de entre 5 e 11 anos.