Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia, disposta a acoller "unha ou dúas sedes" do Mundial 2030 de fútbol

Galicia, disposta a acoller "unha ou dúas sedes" do Mundial 2030 de fútbol

A Coruña e Vigo son as aspirantes galegas

G24.gal 19/10/2023 14:53 Última actualización 19/10/2023 14:57

Galicia está disposta a acoller "unha ou dúas sedes" do Mundial 2030 de fútbol, que organizarán de maneira conxunta España, Portugal e Marrocos, segundo asegurou este xoves o vicepresidente da Xunta, Diego Calvo.

"Encantaríame que fose unha realidade", sostivo Calvo en Pontevedra.

Ao Goberno galego, segundo o seu vicepresidente, sorpréndelle que sexa o presidente do Consello Superior de Deportes, Víctor Francos, o que asegurase nunha entrevista que Galicia terá unha sede do Mundial de 2030, sen especificar onde.

Diego Calvo lembra que os autorizados para establecer as sedes do Mundial son a Real Federación Española de Fútbol (RFEF) e a FIFA "e a día de hoxe non hai noticia".

Sexa como sexa, Calvo reiterou, como responsable da área de deportes da Xunta de Galicia, a "disposición" da comunidade para acoller partidos desta cita deportiva.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar