Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia continúa sumando casos activos e ingresos en planta

Galicia continúa sumando casos activos e ingresos en planta

Os contaxios diarios seguen por riba dos dous milleiros

O Sergas notificou seis decesos por mor da covid nas últimas 24 horas

Jessica Fernández 23/03/2022 10:26

Os casos activos continúan subindo (+593). Hai, en total, 21.256 persoas con coronavirus en Galicia.

Pola súa parte, os contaxios diarios diminúen lixeiramente con respecto a onte e rexístranse 2.249

repartición de casos novos detectados por probas diagnósticas nas distintas áreas sanitarias é a seguinte:

Repartición dos casos activos por áreas sanitarias:

A Coruña: 4.474 (+106)

Vigo: 3.955 (+129)

Ourense: 2.429 (-1)

Santiago: 3.490 (+118)

Lugo: 2.553 (+81)

Pontevedra: 2.265 (+70)

Ferrol: 1.990 (+86)

En canto á ocupación hospitalaria, continúa subindo en planta (+7), pero mantense nas UCI. En total, hai 425 e 18 persoas ingresadas respectivamente.

Con todo, o Sergas notificou 6 decesos por mor da covid, que alzan a cifra a 3.186 falecementos desde o inicio da pandemia.

Mapas de incidencia por concellos

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade