Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia rexistra a menor cifra de contaxios diarios desde hai dous meses

Galicia rexistra a menor cifra de contaxios diarios desde hai dous meses

Aumenta a presión hospitalaria en planta (+24), pero descende nas UCI (-1)

O Sergas notificou un deceso por mor da covid-19

Jessica Fernández 21/02/2022 10:29

Os casos activos seguen baixando (-2.569) e xa baixan dos 26.000. En total, hai 25.970 persoas con coronavirus en Galicia.

Pola súa parte, os contaxios diarios baixan respecto a onte e rexístranse 1.010 nas últimas 24 horas

repartición de casos novos detectados por probas diagnósticas nas distintas áreas sanitarias é a seguinte:

Repartición dos casos activos por áreas sanitarias:

A Coruña: 5.507 (-582)

Vigo: 5.408 (-447)

Ourense: 3.001 (-320)

Santiago: 4.536 (-516)

Lugo: 2.921 (+289)

Pontevedra: 2.877 (-275)

Ferrol: 1.440 (-104)

En canto á presión hospitalaria, esta aumenta notablemente en planta (+24), pero diminúe nas UCI (-1). En total, hai 567 e 31 persoas ingresadas respectivamente.

Con todo, o Sergas notificou un deceso por mor da covid, alzando a cifra a 3.075 falecementos desde o inicio da pandemia.

Mapas de incidencia por concellos

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade