Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		Galicia celebra o Martes de Entroido
Algunhas vilas dan por pechada xa a festa, pero noutras as celebracións estenderanse ata a fin da semana
                            G24.gal
                        
                            21/02/2023 21:48
                        
                        
                        
                        
                    
                    A pesar de ser día laborable en moitos lugares, ese Martes de Entroido celebrouse en grande en aldeas, vilas e cidades de toda Galicia.
En Pontevedra, volven repetir a súa habitual noite pirata.
En Cobres, en Vilaboa, volveron desfilar as madamas e galáns antes de queimaren o galo.
O barrio de Montealto, na Coruña, encheuse de Choqueiros.
E en Ourense este foi día grande en toda a provincia, con peliqueiros, pantallas e folións despedindo a festa de don Carnal.