Galicia celebra o Día Mundial do Leite con cifras de venda históricas
A comercialización de leite galego xerou 1.306 millóns de euros en 2022
Galicia lidera a produción leiteira española con máis do 41 % do total
Máis do 40 % do leite de vaca que se produce en España procede de explotacións galegas, que supoñen o 56 % do total das que hai no estado.
O ano pasado producíronse en Galicia 2,9 millóns de toneladas, que xeraron vendas por valor de 1.306 millóns de euros.
Só estas cifras xustifican que Galicia estea entre as dez principais rexións produtoras da UE. E é que o leite segue a ser un símbolo galego.
Dende as grandes industrias recolledoras ata as queixerías e cooperativas ou as empresas auxiliares, todos os elos do sector son importantes. Pero todo parte duns gandeiros que, moitas veces, non senten recoñecido e valorado o seu traballo. E menos aínda dende a aparición de bebidas vexetais e campañas de descreto.
As proteínas, calcio, fósforo ou vitaminas que achegan o leite e os derivados seguen a ser fundamentais nunha dieta equilibrada hoxe e todos os días do ano.