Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia busca estratexias para combater a desinformación no mundo da posverdade

Galicia busca estratexias para combater a desinformación no mundo da posverdade

"Hai que apoderar os cidadáns que agora teñen acceso á información sen ningunha barreira", di o catedrático Emili Prado

G24.gal 09/03/2023 13:11

Como traballar desde Galicia contra a desinformación, é do que falan este xoves no Consello da Cultura Galega. Nunhas xornadas que parten dun dato: o 40 por cento da poboación evita acceder ás noticias nalgunha ocasión ou a miúdo.

O sistema mudou coa aparición de Internet. Os expertos distinguen entre noticias falsas, con erros e malintencionadas. E para loitar contra elas piden formación e intervir no ámbito da regulación, no tecnolóxico e no mediático. 

Xosé López García, catedrático de xornalismo e coordinador das xornadas, di que "os medios de comunicación deben revalorizarse. Debemos gañar confianza. Ser máis transparentes. Demostrar que facemos ben o noso traballo e ser fontes cribles de información neste escenario de desinformación".

"Hai que apoderar os cidadáns que agora teñen acceso á información sen ningunha barreira de entrada. A todo tipo de información, boa e cativa, para que estean en condicións de aplicar filtros de calidade eles mesmos", engade Emili Prado, catedrático de comunicación audiovisual na Universidade autónoma de Barcelona e o relator que abriu as xornadas.

En Galicia hai cinco proxectos de investigación sobre a desinformación.

As xornadas forman parte do Foro Pensar o Mundo desde Galicia co que o Consello da Cultura Galega conmemora o seu 40 aniversario. Hai máis programadas, con asuntos como os retos do feminismo, a economía da cultura, a calidade da democracia ou o papel do galego nunha economía multicultural.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade