Galicia baixa das 400 persoas hospitalizadas, pero continúa o aumento de casos activos
As persoas con coronavirus volven achegarse aos 17.500
O Sergas notificou dous decesos por mor da covid nas últimas 24 horas

Os casos activos volven subir de forma relevante (+606) e xa hai 17.462 persoas con coronavirus en Galicia.
Pola súa parte, os contaxios diarios tamén soben con respecto a onte e rexístranse 1.904 nas últimas 24 horas. É o maior incremento en dúas semanas.
A repartición de casos novos detectados por probas diagnósticas nas distintas áreas sanitarias é a seguinte:
Repartición dos casos activos por áreas sanitarias:
A Coruña: 3.535 (+150)
Vigo: 3.124 (+42)
Ourense: 2.504 (+123)
Santiago: 3.016 (+94)
Lugo: 2.106 (+85)
Pontevedra: 2.104 (+52)
Ferrol: 1.002 (+64)
En canto á ocupación hospitalaria, esta descende en gran medida en planta (-19) e lixeiramente nas UCI (-1), baixando así das 400 hospitalizacións. Hai, en total 397 persoas ingresadas, 367 e 30 respectivamente.
Con todo, o Sergas notificou dous decesos por mor da covid, que alzan a cifra a 3.138 falecementos desde o inicio da pandemia.
Mapas de incidencia por concellos