Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia aposta por unha alianza industrial para producir hidróxeno verde

Galicia aposta por unha alianza industrial para producir hidróxeno verde

A iniciativa, coordinada pola Xunta, pretende mobilizar investimentos e xerar unha cadea de valor arredor desta enerxía

Os fondos europeos perfílanse como unha oportunidade para facer avanzar os dous primeiros grandes proxectos nas Pontes e Ferrol

G24.gal 03/12/2022 13:58 Última actualización 03/12/2022 14:11

O hidróxeno verde prodúcese a partir de auga e enerxías renovables. O expertos coinciden en que ten por diante un enorme futuro. Polo de agora resulta demasiado caro para ser competitivo e, por enriba, a descomposición das moléculas de auga para xerar osíxeno e hidróxeno adoita facerse con enerxías contaminantes. Neste caso sería hidróxeno gris.

Galicia aposta decididamente por unha alianza industrial para producir hidróxeno con renovables e xerar toda unha cadea de valor:

"Galicia ten recursos, ten recurso hídrico, ten recurso renovable. Galicia está moi ben posicionada xeograficamente para toda a ruta de transporte marítimo. Galicia ten un tecido empresarial que está moi ben preparado", salienta Paula Uría, secretaria xeral de Industria da Xunta.

Na nosa terra hai xa diversos proxectos industriais vinculados a esta enerxía. O máis avanzado e ambicioso é o da planta de Reganosa nas Pontes:

"Esperamos que ao longo de 2023 poida darse a licenza de obras para executar ese proxecto, co cal entendemos que ao longo de 2024 ou 2025 probablemente xa esteamos a falar de proxectos reais", especifica Uría.

Navantia e Repsol teñen previsto fabricar electrolizadores en Ferrol e mesmo existe un proxecto para crear un corredor atlántico de distribución do hidróxeno verde. Os fondos europeos serán vitais para que todo isto se converta nunha realidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade