Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia, ante o ano máis seco desde 1980

Galicia, ante o ano máis seco desde 1980

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil pide que se valoren restricións horarias para o abastecemento de auga nalgunhas zonas

Medio cento de concellos xa aplican medidas para aforrar auga

G24.gal 06/08/2022 20:56

2022 é o ano máis seco en Galicia desde hai 42 anos. Os ríos levan un corenta por cento menos de auga e os encoros están á metade. O nivel do Miño, o maior río de Galicia, é tan baixo que piragüistas e nadadores poden tocar fondo.

"Eu poucas veces o vin tan baixo, nótase ben a seca". "De momento aínda non empezou a pasar o doutros anos, que comezan a morrer os peixes porque ao estar máis baixo teñen menos osíxeno e menos espazo e polo tanto afecta".

O presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil asegura que se non chove, en setembro haberá que decretar a prealerta nesta conca. José Antonio Quiroga cre que as restricións van ser inevitables e pídelles aos alcaldes que tomen medidas para aforrar auga.

"Aos que teñen carga gandeira, que lles imos trasladar un modelo para que as explotacións gandeiras que poidan ter un problema, que soliciten con suficiente antelación unha autorización temporal de recollida de auga dun encoro, un rego ou un río".

Medio cento de concellos xa tomaron medidas. En Ribadavia hai cortes de agua durante a noite para poder garantir a subministración polo día.

"Témola á noite ata as doce, desde as sete da tarde e aí aproveitas para ducharte e poñer a lavadora pero vén con moi pouquiña presión e tes que ducharte con auga fría porque non dá para o quentador". "Nunca recordo isto, é a primeira vez que vexo isto e o regato de Maquiáns completamente seco".

Este sábado, o Concello agradeceu o esforzo dos veciños. Calcula que grazas aos cortes o venres aforráronse 400.000 litros de auga respecto ao consumo dun día normal. En Sanxenxo, o alcalde calcula que ao pechar as duchas na praia, a piscina municipal e as regas dos campos de fútbol, amais de baldear as rúas con augas das fontes, aforran uns 53.000 litros de auga ao día.

"Estamos tranquilos, atentos pero tranquilos porque o caudal do Lérez estase mantendo, e o Umia tamén está funcionando tamén ben e esperamos que en agosto, que está facendo bastante calor non haxa que tomar medidas maiores".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade