Publicador de contidos
Publicador de contidos

Podio de Jorge Prado, dominio de Tim Gajser en Trentino

Podio de Jorge Prado, dominio de Tim Gajser en Trentino

O piloto lucense foi o máis rápido na saída da segunda manga, pero tivo un problema mecánico

Rubén Fernández acabou oitavo a segunda manga e queda nesa mesma posición na xeral

G24.gal 10/04/2022 14:56

O Gran Premio de Trentino resúmese para Jorge Prado no que lle aconteceu ao inicio da segunda manga. O lucense é o máis rápido na saída, obtén o primeiro posto pero uns instantes pérdeo ao calarselle a moto. Aí quedou sen opcións de vitoria. E case sen o podio, xa que o circuíto de Pietramurata dificultaba os adiantamentos. Un deles, o de Maxime Renaux ao seu compañeiro de equipo Jeremy Seewer deixou a este sen o terceiro chanzo que volveu ocupar Prado. Pleno de podios para el. Cinco carreiras, cinco podios, que non evita unha certa sensación de tristura.

Rubén Fernández foi o oitavo nun grande premio lastrado polo seu mal poso na grella de saída. De Trentino sae como absoluto dominador Tim Gajser, que fixo o primeiro pleno da temporada e amplía a vantaxe na xeral sobre Prado a 33 puntos.

A primeira manga do Gran Premio de Trentino deixara un Tim Gajser dominador. Diante da multitude de seareiros chegados desde Eslovenia impúxose con claridade por diante de Coldenhoff e Prado, que acabou no terceiro posto. 

Tim Coldenhoff saiu moi forte e marcou o ritmo ata a metade da proba, intre no que Gajser fixo un espectacular adiantamento. A partir de aí xa non houbo historia na pelexa polo triunfo. Por detrás Prado conseguiu recurtar segundos ata poñerse nas costas de Coldenhoff pero o acoso das últimas voltas non tivo o premio. 

Rubén Fernández, que saíu desde moi atrás só puido rematar no undécimo posto. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos